Alfresco >> Instrucións de instalación



REQUIRIMENTOS PARA A INSTALACIÓN

Primeiro hai que ter o contorno básico.

Java Development Kit

Opcional:

MySQL (ou outra base de datos)
OpenOffice para ter dispoñible a conversión de documentos

Instalación simple en Linux


Débense executar todas co perfil de administrador

Configurar variables de entorno


Unna vez instalado Java, ir ao panel de control-Sistema-Opcións avanzadas-Variables de entorno Crear a variable JAVA_HOME que apunte ao directorio de instalación do jdk.
Logo edita a variable Path e engadirlle ";DirectorioInstalacionJdk/bin"

Instalación Alfresco Tomcat


Descargar o paquete de Alfresco para GNU/Linux
Crear un cartafol chamado 'alfresco'
$ mkdir /opt/alfresco

Descomprimir no cartafol creado anteriormente
$ alfresco-tomcat-xxxxxx.tar.gz

Configurar camiños

- Editar 'alfresco.sh' e comprobar que as variables de entorno apuntan ao directorio no que está instalado o tomcat:
  • No exemplo anterior será '/opt/alfresco/tomcat'


  • Instalación do idioma galego

    1. Paramos alfresco
    2. copiamos o jar, que está dentro do paquete de tradución ao galego,
      $ unzip alf_gl.zip
      imos ao cartafol
      $ cd /WEB-INF/lib/
      copiamos o alf_gl.jar no cartafol
      $ cp alf_gl.jar $ALF_HOME/tomcat/webapps/alfresco/WEB-INF/lib
      engadir o arquivo de configuración ao directorio de extensións de Alfresco
      $ cp web-client-config-custom.xml $TOMCAT_HOME/shared/classes/alfresco/extension/
      Nota: Se xa existe un arquivo web-client-config-custom.xml, debes engadir ao contido dun dentro do outro.
        <languages>
          <language locale="gl_ES">Galego </language>
          <language locale="ca_ES">Catalan </language>
        ...
        </languages>
        
    3. Iniciamos alfresco novamente



    Instalación de BBDD.

    Alfresco ven configurado por defecto con base de datos HSQL, pero pode funcionar con MySQL.

    Máis información en:
    Novas Instalacións


    Instalación opcional do OpenOffice

    Se quere ampliar o formato de documentos dispoñibles, necesita instalar OpenOffice.org. Isto é opcional e pódese facer despois da instalación.
    1. Descarga do OpenOffice.org do DVD
    2. Descargar a versión para Linux
    3. Instalar OpenOffice.org
    4. Iniciar un dos programas do OpenOffice.org e facer o rexistro inicial, logo pechar
    5. Renomear '/opt/alfresco/zstart_oo.sh' a '/opt/alfresco/start_oo.sh'
    6. Editar '/opt/alfresco/start_oo.sh' e configurar correctamente a localización do OpenOffice.org
    7. Parar e reiniciar o servidor Alfresco se aínda está en execución

    Arrancando servidor de Alfresco


    Ir ata o cartafol '/opt/alfresco' e executar
    $ alfresco.sh start

    Nun navegador
    http://localhost:8080/alfresco
    O servidor está configurado cun usuario de acceso para administración con nome e contrasinal 'admin'

    Apagar o servidor Alfresco


    Ir ata o cartafol '/opt/alfresco' e executar
    $ ./alfresco.sh stop