B2evolution >> Instrucións de instalación



REQUIRIMENTOS PARA A INSTALACIÓN

Primeiro hai que ter o contorno básico.

Apache -> http://www.apache.org
MySQL -> http://www.mysql.com
PHP -> http://www.php.net

CONFIGURACIÓN DO SERVIDOR

Debes asegurarte de que PHP foi compilado con soporte para MySQL e Zlib.

INSTALACIÓN

1. Descarga B2evolution


Podes obter a versión de B2evolution dende o DVD xa traducida

Copia o arquivo zip dentro dun directorio, exemplo:
$ cp b2evolution-x.x.x-stable-YYYY-MM-DD.zip /tmp/B2evolution

Cambia de directorio, exemplo:
$ cd /tmp/B2evolution

Extrae os arquivos, exemplo:
$ unzip b2evolution-x.x.x-stable-YYYY-MM-DD.zip

Isto extraerá todos os arquivos e directorios de B2evolution. Move os contidos dese directorio dentro dun directorio na raíz ou no directorio public HTML do teu servidor Web, exemplo:
$ mv /tmp/B2evolution/* /var/www/html

Alternativamente se descargas o ficheiro ao teu computador e o descomprimes localmente, usa un cliente FTP para subir todos os arquivos ao teu servidor.

Asegúrate de que todos os arquivos PHP, HTML. CSS e JS son enviados en modo ASCII e que as imaxes (GIF, JPG, PNG) son enviadas en modo BINARIO.



2. CREA A BASE DE DATOS DE B2evolution


B2evolution! actualmente só funciona con MySQL. Nos seguintes exemplos, "db_user" é un usuario exemplo de MySQL ten os privilexios de CREAR e OUTORGAR. Deberás usar o nome de usuario apropiado para o teu sistema.

Primeiro, debes crear unha nova base de datos para o teu sitio B2evolution, exemplo:

$ mysqladmin -ou db_user -p create b2evolution

MySQL pedirache o contrasinal do 'db_user' da base de datos e logo crearanse os arquivos iniciais da base de datos. Logo debes rexistrarte e configurar os dereitos de acceso á base de datos, exemplo:

$ mysql -ou db_user -p

De novo solicitar o contrasinal anterior. No prompt de MySQL, introduce o seguinte comando:

GRANT ALL PRIVILEGES ON b2evolution.* TO usuario_de_bbdd@localhost IDENTIFIED BY 'password';

Onde:

'b2evolution' é o nome da túa base de datos
'usuario_de_bbdd@localhost' o o nome de usuario da túa conta MySQL
'password' é o contrasinal requirido para iniciar sesión como o usuario MySQL

Se o fas ben, MySQL responderá con

Query OK, 0 rows afectadas

para activar os novos permisos debes executar o comando

flush privileges;

E entón escribir '\q' para saír de MySQL.

Alternativamente podes usar o teu panel de control Web ou phpMyAdmin para crear a base de datos para b2evolution.

3. INSTALADOR WEB


Finalmente apunta o teu navegador á dirección http://www.omeusitio.com onde o instalador baseado na web guiarache a través do resto do proceso de instalación.

4. CONFIGURAR B2evolution


Agora podes abrir o teu navegador e entrar ao teu sitio b2evolution, exemplo:

http://www.omeusitio.com --> sitio principal ou portada
Podes iniciar sesión como Admin usando o nome de usuario 'admin' e o contrasinal que foi xerado ou elixiches durante a instalación Web.






[Atrás]