1. Descarga Egroupware
Podes obter a versión de Egroupware dende o dvd xa traducida
Copia o arquivo zip dentro dun directorio, exemplo:$ cp EgroupwareVx.x.x-Stable.zip /tmp/Egroupware
Cambia de directorio, exemplo:
$ cd /tmp/Egroupware
Extrae os arquivos, exemplo:
$ tar -zxvf EgroupwareVx.x.x-Stable.zip
Isto extraerá todos os arquivos e directorios de egroupware. Move os contidos dese directorio dentro dun directorio na raíz ou no directorio public HTML do teu servidor Web, exemplo:
$ mv /tmp/Egroupware/* /var/www/html
Alternativamente se descargas o arquivo á túa computadora e o descomprimes localmente, usa un cliente FTP para subir todos os arquivos ao teu servidor.
Asegúrate de que todos os arquivos PHP, HTML. CSS e JS son enviados en modo ASCII e que as imaxes (GIF, JPG, PNG) son enviadas en modo BINARIO.
2. CREA A BASE DE DATOS DE Egroupware
Egroupware! actualmente só funciona con MySQL. Nos seguintes exemplos, "db_user" é un usuario MySQL de exemplo que ten os privilexios de CREAR e OUTORGAR. Deberás usar o nome de usuario apropiado para o teu sistema.
Primeiro, debes crear unha nova base de datos para o teu sitio Egroupware, exemplo:
$ mysqladmin -ou db_user -p create Egroupware
MySQL pedirache o contrasinal do 'db_user' da base de datos e logo crearanse os arquivos iniciais da base de datos. Seguidamente debes iniciar sesión e configurar os dereitos de acceso á base de datos, exemplo:
$ mysql -ou db_user -p
De novo solicitar o contrasinal anterior. No prompt de MySQL, introduce o seguinte comando:
GRANT ALL PRIVILEGES ON egroupware.* TO usuario_de_bbdd@localhost IDENTIFIED BY 'password';
Onde:
'Egroupware' é o nome da túa base de datos
'usuario_de_bbdd@localhost' o o nome de usuario da túa conta MySQL
'password' é o password requirido para iniciar sesión como o usuario MySQL
Se o fas exitosamente, MySQL responderá con
Query OK, 0 rows afectadas
para activar os novos permisos debes executar o comando
flush privileges;
E entón escribir '\q' para saír de MySQL.
Alternativamente podes usar o teu panel de control Web ou phpMyAdmin para crear a base de datos para egroupware.
3. INSTALADOR WEB
Finalmente apunta o teu navegador á dirección http://www.omeusitio.com onde o instalador baseado na web guiarache a través do resto do proceso de instalación.
Recorda escoller o idioma de instalación en galego. Se non, unha vez esteas na administración, poderás cambiar o idioma ao galego.
4. CONFIGURAR Egroupware
Agora podes abrir o teu navegador e entrar ao teu sitio Egroupware, exemplo:
http://www.omeusitio.com --> sitio principal ou portada
Podes iniciar sesión como Admin usando o nome de usuario 'admin' e o contrasinal que foi xerado ou elixiches durante a instalación Web.