Eticket >> Instrucións de instalación



REQUIRIMENTOS PARA A INSTALACIÓN

Primeiro hai que ter o contorno básico.

Apache -> http://www.apache.org
MySQL -> http://www.mysql.com
PHP -> http://www.php.net


INSTALACIÓN

1. DESCARGA ETICKET


Podes obter a versión de eticket dende o DVD

Copia o arquivo tar.gz dentro dun cartafol, exemplo:
$ cp eticket-x.x.x.tar.gz /tmp/eticket

Cambia de cartafol, exemplo:
$ cd /tmp/eticket

Extrae os arquivos, exemplo:
$ tar xvzf eticket-x.x.x.tar.gz

Isto extraerá todos os arquivos e cartafoles do eticket. Move os contidos dese directorio dentro dun directorio na raíz ou no directorio public HTML do teu servidor Web, exemplo:
$ mv /tmp/eticket/* /var/www/html

Alternativamente se descargas o arquivo á túa computadora e o descomprimes localmente, usa un cliente FTP para subir todos os arquivos ao teu servidor.

Asegúrate de que todos os arquivos PHP, HTML. CSS e JS son enviados en modo ASCII e que as imaxes (GIF, JPG, PNG) son enviadas en modo BINARIO.



2. CREA A BASE DE DATOS DE ETICKET


Eticket actualmente só funcionase con MySQL. Nos seguintes exemplos, "db_user" é un usuario MySQL de exemplo que ten os privilexios de CREAR e OUTORGAR. Deberás usar o nome de usuario apropiado para o teu sistema.

Primeiro, debes crear unha nova base de datos para o teu sitio eticket, exemplo:

$ mysqladmin -ou db_user -p create eticket

MySQL pedirache o password do 'db_user' da base de datos e logo crease os arquivos iniciais da base de datos. Logo debes iniciar sesión e configurar os dereitos de acceso á base de datos, exemplo:

$ mysql -ou db_user -p

De novo solicitar o password anterior. No prompt de MySQL, introduce o seguinte comando:

GRANT ALL PRIVILEGES ON eticket.* TO usuario_de_bbdd@localhost IDENTIFIED BY 'password';

Onde:

'eticket' é o nome da túa base de datos
'usuario_de_bbdd@localhost' o o nome de usuario da túa conta MySQL
'password' é o password requirido para iniciar sesión como o usuario MySQL

Se o consegues, MySQL responderá con

Query OK, 0 rows afectadas

para activar os novos permisos debes executar o comando

flush privileges;

E entón escribir '\q' para saír de MySQL.

Alternativamente podes usar o teu panel de control Web ou phpMyAdmin para crear a base de datos para eticket.

3. INSTALADOR WEB


Finalmente apunta o teu navegador á dirección http://www.sitio.com onde o instalador baseado na web guiarache a través do resto do proceso de instalación.

4. CONFIGURAR ETICKET


Agora podes abrir o teu navegador e entrar ao teu sitio eticket, exemplo:

http://www.sitio.com --> sitio principal ou portada
Podes iniciar sesión como Admin usando o nome de usuario 'admin' e o password que foi xerado ou elixiches durante a instalación Web.

5. INSTALAR IDIOMA GALEGO


No paquete descargado dende o dvd xa está traducido ao galego, pero no caso de saír unha nova versión teríamos que substituír no cartafol raíz o lang.php polo do idioma galego e no cartafol /themes/eticket/images/buttons/ as imaxes coa tradución.




[Atrás]