1. Descarga Typo3
Podes obter a versión de Typo3 dende o DVD
Copia os ficheiros zip dentro dun directorio, exemplo:$ cp typo3_src-4.2.1.tar.gz /tmp/typo3$ cp dummy-4.2.1.tar.gz /tmp/typo3
Cambia de cartafol, exemplo:
$ cd /tmp/typo3
Extrae os arquivos, exemplo:
$ tar xvzf typo3_src-4.2.1.tar.gz$ tar xvzf dummy-4.2.1.tar.gz
Isto extraerá todos os ficheiros e cartafoles de typo3. Move os contidos dese directorio dentro dun directorio na raíz ou no directorio public HTML do teu servidor Web, exemplo:
$ mv /tmp/typo3/* /var/www/html
Alternativamente se descargas o arquivo á túa computadora e o descomprimes localmente, usa un cliente FTP para subir todos os arquivos ao teu servidor.
Asegúrate de que todos os arquivos PHP, HTML. CSS e JS son enviados en modo ASCII e que as imaxes (GIF, JPG, PNG) son enviadas en modo BINARIO.
2. CREA A BASE DE DATOS DE Typo3
Typo3 actualmente pode funcionar con MySQL. Nos seguintes exemplos, "db_user" é un usuario MySQL de exemplo que ten os privilexios de CREAR e OUTORGAR. Deberás usar o nome de usuario apropiado para o teu sistema.
Primeiro, debes crear unha nova base de datos para o teu sitio typo3, exemplo:
$ mysqladmin -ou db_user -p create typo3
MySQL pedirache o password do 'db_user' da base de datos e logo crease os arquivos iniciais da base de datos. Logo debes iniciar sesión e configurar os dereitos de acceso á base de datos, exemplo:
$ mysql -ou db_user -p
De novo solicitar o contrasinal anterior. No prompt de MySQL, introduce o seguinte comando:
GRANT ALL PRIVILEGES ON typo3.* TO usuario_de_bbdd@localhost IDENTIFIED BY 'password';
Onde:
'typo3' é o nome da túa base de datos
'usuario_de_bbdd@localhost' o o nome de usuario da túa conta MySQL
'password' é o contrasinal requirido para iniciar sesión como o usuario MySQL
Se o consegues, MySQL responderá con
Query OK, 0 rows afectadas
para activar os novos permisos debes executar o comando
flush privileges;
E entón escribir '\q' para saír de MySQL.
Alternativamente podes usar o teu panel de control Web ou phpMyAdmin para crear a base de datos para typo3.
3. INSTALADOR WEB
Finalmente apunta o teu navegador á dirección http://www.omeusitio.com onde o instalador guiarache a través do resto do proceso de instalación.
4. CONFIGURAR Typo3
Agora podes abrir o teu navegador e entrar ao teu sitio Typo3, exemplo:
http://www.omeusitio.com --> sitio principal ou portada
5. INSTALAR O GALEGO NO Typo3
- Acceder o "backend" de administración.
- Entrar no "Ext manager" na sección de "Admin Tools".
- Seleccionar na caixa despregabel "Translation Handling".
- Baixo "Translation Settings" seleccionar "Galician", facer click sobre "Save" e logo sobre "Update from repository".
- Entrar en "User Settings" na sección de "User Tools" e selccionar o idioma Galego no despregabel. Gardar a configuración.