Firefox >> Instrucións de instalación



Instrucións de instalación

GNU/Linux


Para a súa instalación en Linux soamente temos que descomprimir o ficheiro tar.gz e executar o ficheiro firefox.
$ tar -zvf firefox-2.0.0.11.tar.gz
$ cd firefox
$ ./firefox


MacOS X

Montar a imaxe .dmg e arrastrar ao cartafol aplicacións.
Ir a preferencias do sistema, no apartado Persoal, ir a Internacional, no separador de idioma agregar o Galego, e por defecto poñer español, re-iniciar o computador


Windows

Seguir as indicacións do asistente de instalación.


Instalación do idioma galego

Para usar a tradución temos que instalar o complemento (gl-ES.xpi) descargado do DVD. Cómpre arrastrar o ficheiro gl-ES.xpi a unha ventá aberta do Firefox.

Feito isto, se temos o sistema operativo en galego, o Firefox arrancará por defecto xa en galego.

Se non temos o sistema operativo en galego, temos dúas opcións:

  • engadir o seguinte parámetro de execución ao Firefox: -uilocale gl-ES
  • instalar un complemento a maiores, o Locale Switcher, que permite seleccionar o idioma sen ter que poñer o parámetro anterior. Instálase, reiníciase Firefox e xa aparece en "Ferramentas->Idiomas->Galego"



[Atrás]