Gimp >> Instrucións de instalación
Instrucións de instalación
GNU/Linux
Para a súa instalación en Linux soamente temos que descomprimir o ficheiro tar.bz2
$ bzip2 -dc gimp-X.X.X.tar.bz2 | tar -xv
seguidamente entramos no cartafol no que se extraeu
$ cd gimp-X.X.X
executamos o comando configure e comprobamos as dependencias, as cales debemos instalar para poder compilalo
$ ./configure
$ ./make
$ ./make install
MacOS X
Montar a imaxe dmg, e arrastrar o executable ao cartafol de "Aplicacións"
Ir a preferencias do sistema, no apartado Persoal, ir a Internacional, no separador de idioma agregar o Galego, e por defecto poñer español, re-iniciar o computador
Windows
Seguir as indicacións do asistente de instalación.
Para ponñer o Gimp de Windows en galego, hai que definir a variable de entorno LANG=gl
A variable de entorno modifícase dende:
Inicio --> Panel de control --> Sistema --> No separador de: Opcións avanzadas --> Botón de variables de entorno --> Botón de nova variable, con nome LANG e valor igual a gl