Instrucións de instalación
Descrición
O corrector está baseado no novo estándar do OpenOffice.org, chamado Hunspell, e inclúe nesta versión máis de 21 millóns de palabras,
500 abreviaturas, 1500 nomes e apelidos, 400 siglas e acrónimos e 1.500 topónimos e 300 xentilicios.
Non se instala por defecto co OpenOffice.org
Licenza
Este é un dicionario para OpenOffice baseado no motor Hunspell creado dentro da iniciativa "Mancomún, Iniciativa Galega polo Software
Libre" e desenvolvido usando a normativa vixente en Setembro de 2006.
O dicionario está liberado baixo os termos da GNU GPL versión 2.
Descarga e instalación
Con conexión á Internet
- Abrir o Writer.
- Escoller no menú Ficheiro, Asistentes, Instalar novos dicionarios...
- No documento que se abre premer sobre Galego (ou Español se o teu asistente non está traducido ao galego)
- Premer no botón Executar DicOOo.
- Seguir os pasos do asistente de instalación.
- Premer no botón Seguinte.
- Escoller o idioma Galician (Spain)
- Premer Seguinte nas 2 seguintes pantallas.
-
Na pantalla onde aparece a mensaxe "O asistente descomprimirá os
dicionarios seleccionados e instalaraos", desmarcar "Non descomprimir
os dicionarios que xa están instalados (non actualizar)" para que no
caso de ter unha versión antiga do dicionario galego a actualice.
- Premer Seguinte e logo Rematar.
- Unha vez finalizado o proceso, pechar o Writer. A seguinte vez que se reinicie xa estará instalado o corrector galego.
Sen conexión á Internet
Despois de descargar o corrector dende o DVD:
Para instalar o novo corrector, que é multiplataforma, segue as seguintes instrucións:
- Descargar o arquivo gl_ES-pack.zip ao disco duro.
- Abrir o Writer.
- Escoller no menú Ficheiro, Asistentes, Instalar novos dicionarios...
- No documento que se abre premer sobre Galego (ou Español se o teu asistente non está traducido ao galego)
- Premer no botón Executar DicOOo.
- Marcar a opción "Instalación dun paquete de dicionario xa descargado".
- Premer no botón Explorar. Buscar o arquivo descargado no paso 1 no noso disco: gl_ES-pack.zip.
- Premer no botón Seguinte.
- Escoller o idioma Galician (Spain)
- Premer Seguinte nas 2 seguintes pantallas.
- Na
pantalla onde aparece a mensaxe "O asistente descomprimirá os