OpenOffice.org >> Instrucións de instalación



Instrucións de instalación

Windows

Instalación completa

Requirimentos mínimos:
Windows XP ou superior
128 MB RAM (64Mb Mínimo, 256Mb Recomendado)
200 MB de espazo dispoñible
Resolución 800 x 600 ou superior con polo menos 256 cores

Instalación:

  • Executar o ficheiro OOo_2.3.0_Win32_wJRE_gl.exe
  • Prema en "Seguinte" (Next) na pantalla de benvida á preparación da instalación.
  • Elixa o cartafol de destino onde se descomprimirán os ficheiros de instalación do OpenOffice.org e prema en "Descomprimir".
  • Unha vez feito isto o programa de instalación arrincará automaticamente.
  • Para comezar a instalación deberá premer en "Seguinte" na pantalla de benvida á instalación.
  • Lea a licenza e escolla "Acepto os termos da licenza". Prema en *Seguinte*.
  • Encha o formulario da pantalla "Información do usuario", e prema en "Seguinte".
  • Escolla "Instalación completa" e prema en "Seguinte".
  • Escolla os tipos de documentos que desexa utilizar con OpenOffice.org.
  • Prema en "Seguinte".
  • Para continuar a instalación prema en "Instalar".
  • Unha vez finalizada a instalación prema en "Concluír".


NOTA:
Os usuarios de Windows 98 e 2000 deberán descargar a versión completa en Español ou Inglés e instalar despois o paquete de idioma galego

Instalación do paquete de idioma

O paquete de idioma galego para OpenOffice.org necesita ter instalada a versión 2.3.0 do OpenOffice.org en calquera outro idioma.

Instalación:

  • Executar o ficheiro OOo_2.3.0_Win32Intel_langpack_gl.exe
  • Prema en "Seguinte" (Next) na pantalla de benvida á preparación da instalación.
  • Elixa o cartafol de destino onde se descomprimirán os ficheiros de instalación do paquete de idioma do OpenOffice.org e prema en "Descomprimir".
  • Unha vez feito isto o programa de instalación arrancará automaticamente.
  • Para comezar a instalación deberá premer en "Seguinte" na pantalla de benvida á instalación.
  • Lea a licenza e escolla "Acepto os termos da licenza".
  • Prema en "Seguinte".
  • Escolla o cartafol onde está instalada a versión 2.3 do OpenOffice.org (por defecto xa aparece seleccionado) e prema en "Seguinte".
  • Para continuar a instalación prema en "Instalar".
  • Unha vez finalizada a instalación prema en "Concluír".

GNU/Linux

Instalación baseada en DEB

  • Requirimentos:
Linux Kernel 2.2.13 ou superior.
XServer (resolución mínima 800x600 e 256 cores) con administrador de ventás (p.ex. GNOME).
PC con procesador Pentium ou compatible.
128 MB de memoria RAM.
200 MB de espazo en disco
Instalación de glibc2 en versión 2.2.0 ou superior.
  • Antes de nada debería desinstalar o OpenOffice.org que teña instalado no seu computador, tanto sexa o de mancomun.org como o da súa distribución de GNU/Linux.
  • Descarge o ficheiro que se corresponda coa súa arquitectura e descomprimao nun directorio. Neste exemplo o comando descomprime no directorio actual:

Para 32 bits:
tar xvzf OOo_2.3.0_LinuxIntel_install_gl_deb.tar.gz

Se é preciso teclee 'su' para ter privilexios de administrador (root).

  • Teclee cd co nome do directorio onde estean descomprimidos os ficheiros de instalación de OpenOffice.org.
  • Para instalar procederemos a teclear:
dpkg -i *.deb
  • Para iniciar o OpenOffice.org:
  • $ soffice
    ou instalar o paquete
    openoffice.org-debian-menus_2.3-9215_all.deb 
    que está dentro do cartafol
    DEB/desktop-integration/
    que vai dentro do paquete
    OOo_2.3.0_LinuxIntel_install_gl_deb.tar.gz
    co cal xa se instala un acceso directo no menú aplicacións

    Instalación baseada en RPM

    • Requirimentos:

    Linux Kernel 2.2.13 ou superior.
    XServer (resolución mínima 800x600 e 256 cores) con administrador de ventás (p.ex. GNOME).
    PC con procesador Pentium ou compatible.
    128 MB de memoria RAM.
    200 MB de espazo en disco.

    Instalación de glibc2 en versión 2.2.0 ou superior.
    • Antes de nada debería desinstalar o OpenOffice.org que teña instalado no seu computador, tanto sexa o de mancomun.org como o da súa distribución de GNU/Linux.
    • Descarge o ficheiro que se corresponda coa súa arquitectura e descomprimao nun directorio. Neste exemplo o comando descomprime no directorio actual:
    Para 32 bits:
    tar xvzf OOo_2.3.0_LinuxX86_install_gl_rpm.tar.gz

    Se é preciso teclee 'su' para ter privilexios de administrador (root).

    • Teclee cd co nome do directorio onde estean descomprimidos os ficheiros de instalación de OpenOffice.org.
    • Para instalar deberá teclear o seguinte:
    rpm-Uvih *.rpm

    para instalar o OpenOffice.org en galego.

    • Dentro da carpeta onde están descomprimidos os ficheiros de instalación do OpenOffice.org tamén hai unha carpeta que se chama "desktop-integration" e que contén os arquivos para integrar a instalación do OpenOffice.org co seu sistema GNU/Linux. Entre na carpeta e execute a instalación do paquete que se corresponda co seu sistema operativo GNU/Linux.

    Por exemplo:

    -se vostede ten Suse:
    rpm -Uvih openoffice.org-suse-menus-2.3-9234.noarch.rpm
    -se vostede ten RedHat:
    rpm -Uvih openoffice.org-redhat-menus-2.3-9234.noarch.rpm
  • Para iniciar o OpenOffice.org:
  • $ soffice
    ou instalar o paquete correspondente para cada distribución, por exemplo, para Suse sería
    openoffice.org-suse-menus-2.3-9215.noarch.rpm 
    que está dentro do cartafol
    RPMS/desktop-integration/
    que vai dentro do paquete
    OOo_2.3.0_LinuxX86_install_gl_rpm.tar.gz
    co cal xa se instala un acceso directo no menú aplicacións

    Mac OS X

    Requirimentos

    Power Mac G3 400Mhz ou superior
    Mac OS X 10.3.x (10.3.5 recomendado), Mac OS X 10.4.x
    256MB RAM
    400MB espazo en disco
    800 x 600 ou resolución superior con 16.7 millóns de cores

    Nota
    Para a instalación de OpenOffice.org en Mac OS X é preciso ter a aplicación X11.app instalada.
    A súa instalación pódese facer dende o DVD de instalación do Mac ou dende a páxina web de Mac

    Instalación

    • Montar o ficheiro correspondente ao seu procesador OpenOffice.org-2.3.0_gl_INTEL.dmg para procesadores Intel e OpenOffice.org-2.3.0_gl_PPC.dmg para procesadores IBM
    • Arrastrar a icona do OpenOffice.org á carpeta de Aplicacións do Finder e aparecerá a secuencia de instalación.
    • Prema en "Seguinte" na pantalla de benvida á instalación.
    • Lea a licenza e escolla "Acepto os termos da licenza".
    • Prema en "Seguinte".
    • Encha o formulario da pantalla "Información do usuario", e prema en "Seguinte"
    • A información de usuario non é obrigatoria e pode modificarse posteriormente.
    • Escolla "Instalación completa" e prema en "Seguinte".
    • Escolla os tipos de documentos que desexa utilizar con OpenOffice.org.
    • Prema en "Seguinte".
    • Para continuar a instalación prema en "Instalar".
    • Unha vez finalizada a instalación prema en Concluír".


    [Atrás]