Pidgin >> Instrucións de instalación



Instrucións de instalación

Windows

Neste sistema operativo temos un instalador automatizado que nos guiará pasa a paso.
Se temos o sistema operativo configurado en galego xa nos collerá o idioma predeterminado, noutro caso temos que configurar unha variable de entorno chamada, PIDGINLANG.
PIDGINLANG=gl

GNU/Linux e Mac OS


Nestes sistemas temos que compilar o pidgin, tendo en conta as dependencias necesarias.

Nota: no caso de Mac, se non temos ferramentas de compilación deberemos descargar as Xcode Tools

Dende a consola, extraemos o paquete:
$ tar -xvfz pidgin.tar.gz

entramos no cartafol:
$ cd pidgin/

executamos un "configure" despois de revisar que temos permisos de execución:
$ ./configure

executamos make:
$ make

e por último executamos make install:
$ make install



[Atrás]