Thunderbird >> Instrucións de instalación



Instrucións de instalación

GNU/Linux


Para a súa instalación en Linux soamente temos que descomprimir o ficheiro tar.gz e executar o ficheiro Thunderbird.
$ tar -zvf thunderbird-2.0.0.9.tar.gz
$ cd thunderbird
$ ./thunderbird


MacOS X

Montar a imaxe .dmg e arrastrar ao cartafol aplicacións.
Ir a preferencias do sistema, no apartado Persoal, ir a Internacional, no separador de idioma agregar o Galego, e por defecto poñer español, re-iniciar o computador


Windows

Seguir as indicacións do asistente de instalación.


Instalación do idioma galego


Para usar a tradución temos que instalar o complemento (paquete de idioma galego thunderbird *.xpi) descargado do DVD. Cómpre abrir a ventá de complementos a través do menú Ferramentas do Thunderbird e instalar o complemento descargado.

Feito isto, se temos o sistema operativo en galego, o Thunderbird arrancará por defecto xa en galego.

Se non temos o sistema operativo en galego, temos dúas opcións:

  • Engadir o seguinte parámetro ao executar o Thunderbird: -uilocale gl-ES
  • Instalar un complemento a maiores, o Locale Switcher, que permite seleccionar o idioma sen ter que poñer o parámetro anterior. Instálase, reiníciase Thunderbird e xa aparece en "Ferramentas->Idiomas->Galego"


[Atrás]