Oscommerce >> Instrucións de instalación



REQUIRIMENTOS PARA A INSTALACIÓN

Primeiro hai que ter o contorno básico.

Apache -> http://www.apache.org
MySQL -> http://www.mysql.com
PHP -> http://www.php.net


INSTALACIÓN

1. DESCARGA OSCOMMERCE


Podes obter a versión de Oscommerce dende o DVD

Copia o arquivo zip dentro dun cartafol, exemplo:
$ cp OscommerceVx.x.x.zip /tmp/Oscommerce

Cambia de cartafol, exemplo:
$ cd /tmp/Oscommerce

Extrae os ficheiros, exemplo:
$ unzip oscommerceVx.x.x.zip

Isto extraerá todos os arquivos e cartafoles de Oscommerce. Move os contidos dese cartafol dentro dun cartafol na raíz ou no cartafol public HTML do teu servidor Web, exemplo:
$ mv /tmp/Oscommerce/* /var/www/html

Alternativamente se descargas o arquivo á túa computadora e o descomprimes localmente, usa un cliente FTP para subir todos os ficheiros ao teu servidor.

Asegúrate de que todos os arquivos PHP, HTML. CSS e JS son enviados en modo ASCII e que as imaxes (GIF, JPG, PNG) son enviadas en modo BINARIO.



2. CREA A BASE DE DATOS DE OSCOMMERCE


Oscommerce! actualmente só funcionase con MySQL. Nos seguintes exemplos, "db_user" é un usuario MySQL de exemplo que ten os privilexios de CREAR e OUTORGAR. Deberás usar o nome de usuario apropiado para o teu sistema.

Primeiro, debes crear unha nova base de datos para o teu sitio Oscommerce, exemplo:

$ mysqladmin -ou db_user -p create Oscommerce

MySQL pedirache o contrasinal do 'db_user' da base de datos e logo crease os arquivos iniciais da base de datos. Logo debes loguearte e configurar os dereitos de acceso á base de datos, exemplo:

$ mysql -ou db_user -p

De novo solicitar o contrasinal anterior. No prompt de MySQL, introduce o seguinte comando:

GRANT ALL PRIVILEGES ON Oscommerce.* TO usuario_bbdd@localhost IDENTIFIED BY 'password';

Onde:

'Oscommerce' é o nome da túa base de datos
'usuario_bbdd@localhost' o o nome de usuario da túa conta MySQL
'password' é o contrasinal requirido para loguearse como o usuario MySQL

Se o consegues, MySQL responderá con

Query OK, 0 rows afectadas

para activar os novos permisos debes executar o comando

flush privileges;

E entón escribir '\q' para saír de MySQL.

Alternativamente podes usar o teu panel de control Web ou phpMyAdmin para crear a base de datos para Oscommerce.

3. INSTALADOR WEB


Finalmente apunta o teu navegador á dirección http://www.sitio.com onde o instalador baseado na web guiche a través do resto do proceso de instalación.

4. CONFIGURAR OSCOMMERCE


Agora podes abrir o teu navegador e entrar ao teu sitio Oscommerce, exemplo:

http://www.sitio.com --> sitio principal ou portada
Podes loguearte como Admin usando o nome de usuario 'admin' e o contrasinal que foi xerado ou elixiches durante a instalación Web.

5. CONFIGURAR OSCOMMERCE AO GALEGO


Descomprimir a tradución ao galego:
$ tar xvfz galician_translation_oscommerce_v2.2.tar.gz
  • Para traducir a parte pública:
    • Descomprimir o contido do ficheiro galego.tar.gz dentro do cartafol catalog/includes/languages
  • Para traducir a interface de administración:
    • Descomprimir o contido do ficheiro admin_galego.tar.gz dentro do cartafol catalog/admin/includes/languages
    • Xerar un novo idioma na interface de administración no menú Localization -> Languages -> New Language Coas seguintes características: Name: Galego, Code: gl, Directory: galego
    • Executar: mysql -u Nome-usuario -p nombe-BBDD < traducion_taboas_configuration_e_conf_group.sql





[Atrás]