Benvido a Tiny ERP ! Se esta é a primeira vez que empregas Tiny ERP recomendamos ler primeiro o Manual de Usuario dispoñible na web de TinyERP: www.tinyerp.com --- Titorial Tiny ERP: Para simplificar a aprendizaxe de Tiny ERP bótalle unha ollada ao titorial. Nel descríbense os primeiros pasos para comezar a traballar. O titorial está dispoñible en http://tinyerp.com, sección 'Online Shop'. --- Conexión ao servidor: A primeira instalación de TinyERP vén con dous usuarios creados por defecto: demo/demo, unha conta simplificada de demostración e admin/admin, unha conta de administrador completa. Prema en 'Ficheiro > Conectar' e use os seguintes datos: Usuario: demo, Contrasinal: demo --- Primeira conexión: Pódense empregar os atallos do lado esquerdo ou usar o menú superior para expandir as seccións. A base de datos de demostración contén datos de exemplo dunha empresa que monta computadores baixo demanda.