Tiny ERP >> Instrucións de instalación



» REQUIRIMENTOS PARA A INSTALACIÓN

Primeiro hai que ter o contorno básico.

Python -> http://www.python.org


» Instrucións para incorporar a tradución ao cliente de Tiny ERP:

Para ter o cliente de Tiny ERP en galego hai que descomprimir o ficheiro terp-client-gl.tar.gz   e gardar os ficheiros dentro da carpeta /po/ da instalación do cliente Tiny ERP. O instalador terp-client-gl.exe  xa contén a tradución.
Para amosar as mensaxes de suxestións inicial de Tiny ERP en galego pode sobreescribir o ficheiro tipofday.txt que se atopa na carpeta bin/ do cliente polo ficheiro tipofday.gl.txt.



» Instrucións para incorporar un novo idioma no servidor de Tiny ERP:


Importar o ficheiro gl_ES.CSV no Tiny ERP cargando o ficheiro de tradución no servidor.

Para importar o ficheiro traducido, debe executar:
./tinyerp_server.py --i18n-import=gl_ES.csv -lgl

Onde LG debe ser o código do idioma en 2 letras. Por exemplo: gl, fr, de, es ... NOTA IMPORTANTE: o ficheiro debe estar codificado en UTF8! Pode usar a utilidade de conversión iconv para pasar a codificación do ficheiro en Unix. En Windows, iconv está dispoñible ao instalar GTK.
iconv -f tis620 -t utf-8 file.csv > fileutf8.csv

Este comando converterá a codificación tailandés tis720 a utf-8.


» NOTAS
Para unha instalación máis limpa é mellor executar estas indicacións nunha base de datos baleira para poder publicar os ficheiros traducidos directamente. Para borrar completamente as túas bases de datos, use os seguintes comandos:
dropdb terp
createdb terp --encoding=unicode
tinyerp_server.py --init=all

Pode traducir soamente unha parte do Tiny ERP (non todo ao mesmo tempo). Vostede pode tamén re-exportar e re-importar ficheiros de tradución existentes para modificar algunhas liñas.
Os módulos incluídos na tradución son: base, product, base_setup, hr, account, hr_timesheet, account_tax_include, l10n_chart_sp, hr_timesheet_invoice e os necesarios para ter unha solución de contabilidade. Ollo! Tiny ERP conta con outros módulos a maiores que permiten realizar outras tarefas.




[Atrás]