A documentación presentada a continuación elaborouse como material didáctico para o Plan de capacitación TIC en SwL organizado por Mancomún e do que se realizaron dúas edicións, unha en Xuño de 2008 en Santiago de Compostela e outra en Xaneiro de 2009 en Vigo. Polo tanto, a concepción desta documentación é a de servir como guías de referencia para a formación de persoal técnico informático que vaia desempeñar tarefas de implantación e/ou posterior servizo de asistencia, das ferramentas básicas dunha oficina informatizada con software libre: ofimática, internet e intranet. Esta documentación foi elaborada pola empresa C.T.I. TEGNIX S.L. para o Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza – Mancomún, e distribúese baixo as condicións dunha Licenza Creative Commons: Recoñecemento-CompartirIgual 3.0.
- Servidor de correo electrónico con Postfix (MTA)
- Xestión do SPAM con SpamAssassin
- Servidor de listas de correo con Mailman
- Como instalar un aplicativo para a xestión de traballo en grupo con eGroupWare
- Como implantar un servizo de xestión de incidencias con Eticket
- Como instalar un sistema xestor de blogs con WordPress
- Como instalar un sistema de publicación multiblog con B2Evolution
- Como instalar un sistema para a xestor de wikis con MoinMoin