IconasNas primeiras páxinas do manual, víronse de pasada as diferentes iconas dispoñibles na interface gráfica do programa cliente de TinyERP. A continuación volveremos sobre estas iconas e veremos con máis detalle o que nos permiten facer; poderemos facer manipulacións no recurso ou recursos actuais (exemplo: contactos, pedidos etc) estando en modo lista ou formulario.
Se intenta eliminar un rexistro que está sendo utilizado por outro recurso ou que é necesario para el, TinyERP amosará unha mensaxe de erro.
As iconas Acción e Imprimir teñen un comportamento diferente no modo lista e no modo formulario. Se está en modo formulario, a acción só se refire ao rexistro que aparece na pantalla, mesmo se hai varios rexistros seleccionados. Se está en modo lista, a acción ou impresión referirase a todos os elementos seleccionados. A distinción entre o modo formulario e o modo lista é moi importante porque permite usar a mesma operación de xeitos diferentes. Por exemplo, coa mesma acción pode imprimir unha factura no modo formulario ou as facturas non pagadas no modo lista. As iconas Acción, Imprimir, Preferencias e Anexar só funcionan cando ten un único rexistro seleccionado. Para realizar estas accións cun novo rexistro, gárdeo primeiro. Iconas do menúNo menú tamén hai iconas que é importante coñecer, non só para saber que tipo de formulario se vai abrir, senón tamén para axudarlle a seleccionar a opción do menú correcta. Por exemplo, se desexa editar o seu número de horas traballadas, sabe que para acelerar a entrada a interface abrirase como unha lista editable. Daquela, non premerá nun menú que teña iconas de tipo formulario.
Revisemos as diferentes iconas:
Non
esqueza que calquera tipo de menú pode conter submenús á súa vez, do mesmo xeito
que ocorre coas opcións do menú coa icona de tipo cartafol ( |