Alfresco (Xestor documental)


Alfresco é un xestor de contidos empresarial (ECM) de código aberto. Un ECM é o conxunto de tecnoloxías empregadas para capturar, xestionar, almacenar e preservar contidos e documentos relacionados cos procesos dunha organización. Noutras palabras son tecnoloxías que facilitan en gran medida a xestión e control da información, estruturada e non estruturada, da organización que, normalmente, se encontra dispersa en distintos repositorios.

Alfresco é un aplicativo multiplataforma cun alto grao de modularidade e escabilidade. O seu modelo aberto fai que as contribucións da comunidade configuren un produto moi competitivo e en continuo cambio.

Alfresco permite:

  • Xestión de contidos empresariais
  • Xestión Documental
  • Traballo Colaborativo
  • Xestión de rexistros
  • Xestión do coñecemento
  • Xestión de contidos Web
  • Xestión de imaxes

O desenvolvemento de Alfresco lidérao un equipo formado por membros de Documentum e Interwoven con máis de 15 anos de experiencia na Xestión de contidos empresariais (ECM), incluíndo ao cofundador de Documentum.

A licenza coa que se distribúe Alfresco é GPL aínda que o seu licenciamento varía segundo os usos que se lle vaia dar ao software. A licenza pode ser consultada na web de Alfresco.



Instrucións para a instalación e descarga do aplicativo

Documentación

Descarga


IMPORTANTE!

Dada a complexidade do proceso de integración dos sistemas ERP e CRM é preferíbel que na súa implantación interveña persoal especializado. Deste xeito garántese unha maior produtividade e facilidade de uso. Pode poñerse directamente en contacto con Alfresco para localizar un distribuidor autorizado galego. Tamén ten á súa disposición o directorio de empresas galegas de software libre permanentemente actualizado e dispoñíbel no web de Mancomun.org
 
Versión: 2.9
S.O.: Multiplataforma
Uso: Xestor documental
Licenza: GNU/GPL
Web: Alfresco Community