eTicket é unha ferramenta aberta de xestión de incidencias. Estes sistemas facilitan o seguimento das incidencias recibidas nun servizo de soporte.
eTicket está baseada no osTicket e escrito en PHP, polo que é multplataforma.
Permite recibir incidencias a través do correo (pop3/pipe) ou a través de formularios web. Ofrece un xestor de incidencias con moitas funcionalidades e supón unha solución de soporte ideal para calquera sitio web.
Distribúese baixo licenza GPL.