Firefox (Navegador web)


O Mozilla Firefox é un navegador web multiplataforma.

O Firefox incorpora bloqueo de ventás emerxentes, navegación por separadores, marcapáxinas dinámicos, soporte para estándares abertos, e un potente mecanismo para engadir funcionalidades mediante complementos, o que permite personalizar o navegador segundo as preferencias da persoa usuaria.

Está desenvolvido pola Fundación Mozilla, entidade sen ánimo de lucro, e por unha gran comunidade desenvolvedora. Distribúese baixo unha triple licenza MPL, GPL e LGPL.

Instrucións para a instalación e descarga da aplicación




Complementos

Versión: 2.0.0.14
S.O.: Multiplataforma
Uso: Navegador
Licenza: MPL / GPL / LGPL
Web: Mozilla Firefox