GIMP (Retoque fotográfico)

GIMP (GNU Image Manipulation Program) é un programa para a edición de gráficos bitmap empregado habitualmente para retoque fotográfico, composición ou creación de imaxes.

Trátase dunha aplicación moi completa con múltiples capacidades o que permite empregalo tanto para tarefas moi sinxelas como para actividades profesionais de retoque fotográfico. Ademais é unha aplicación extensible por medio de complementos que lle aportan novas funcionalidades.

O proxecto foi iniciado en 1995 por Spencer Kimball e Peter Hattis. Actualmente é mantido por un grupo de voluntarios.

GIMP é multiplaforma que se distribúe baixo licenza GPL.

Instrucións para a instalación e descarga da aplicación



Versión: 2.4
S.O.: Multiplataforma
Uso: Retoque fotográfico
Licenza: GNU/GPL
Web: GIMP