Hipergate é un conxunto de aplicacións de código aberto baseadas en web, deseñadas como ferramenta de traballo en grupo para unha rede corporativa ademais de proporcionar funcionalidades propias dun CRM (Xestor de relacións co cliente).
Trátase dunha aplicación modular que inclúe ferramentas de traballo colaborativo, xestión de contactos, xestión de proxectos, xestor de incidencias, tenda virtual, xestión de contidos...
Todas as aplicacións poden funcionar de xeito independente ou conxunto e están accesibles dende o navegador sen necesidade de descargar ningún software no posto cliente.
Hipergate ten capacidade multi-entidade e pode utilizarse indistintamente para dar servizo a unha empresa, a un grupo de empresas, ou en modalidade ASP para aloxar un número ilimitado de entidades cliente diferentes.
Hipergate está baixo licenza
HGPL.