Openbravo é un aplicativo de xestión empresarial do tipo ERP (planificación de recursos empresariais) destinada a empresas de mediano tamaño. Un ERP permite a xestión integral de todos os recursos dunha organización: tarefas, procesos, persoal...
A estrutura de datos do aplicativo está baseada orixinalmente en Compiere. Openbravo é un aplicativo con arquitectura cliente/servidor web o que permite que sexa utilizada dende calquera navegador web.
Openbravo é un produto da empresa Openbravo, S.L. está licenciado baixo Openbravo Public License Version 1.1 ("OBPL"), unha adaptación de Mozilla_Public_License.
A instalación de OpenBravo require Postgresql ou Oracle, Java, Tomcat e Apache Ant.
| Documentación | |
| Descarga |
| Documentación | |
| Descarga |
|
|
| Versión: | 2.34 |
| S.O.: | Multiplataforma |
| Uso: | ERP |
| Licenza: | OpenBravoLicense |
| Web: | OpenBravo |