OpenProj é unha ferramenta para a xestión de proxectos. Este tipo de ferramentas facilitan a xestión e control dos recursos dunha organización para a execución dun proxecto en prazo, cumprimento de obxectivos, calidade e custos planificados.
OpenProj é unha alternativa, en código aberto, a aplicativos como MS Project. Está desenvolvida en linguaxe Java polo que é multiplataforma.
Entre as características principais de OpenProj destaca que é compatíbel cos ficheiros en formato MS Project. OpenProj permite deseñar diagramas de Gantt, PERT, WBS, RBS entre outros. Ademais estase á espera dunha posíbel integración con OpenOffice.org.
OpenProj foi promovido pola empresa Projity.
Distribúese baixo Common Public Attribution License "CPAL", que esta baseada na Mozilla Public License.
| Documentación |
|
| Descarga |
| Documentación |
|
| Descarga |
| Documentación |
|
| Descarga |