OpenXpertya é unha solución de código aberto de xestión integral para a empresa que engloba ERP e CRM, o que permite a planificación global dos procesos dunha empresa.
OpenXpertya dispón de integración de servizos en liña de B2B ou B2C (en función do tipo de cliente final) e incluso B2E (servizos internos). Permite exportar datos ao estándar EDI e incorpora capacidade de traballar con cubos multidimensionais OLAP (análise exhaustivo de resultados). Está adaptado ademais á lexislación hispana e hispanoamericana, tanto fiscal, como mercantil, civil, contábel, etc.. Incluíndo o novo plan contábel 2007.
OpenXpertya baséase no proxecto anterior, tamén de Software Libre denominado Xpertya, desenvolvido orixinalmente por unha empresa de enxeñería do grupo inforHouse.
Distribúese baixo licenza LPO, licenza desenvolvida por SUN e baseada na Mozilla Public License.
| Documentación | |
| Descarga |
| Documentación | |
| Descarga |
|
|
| Versión: | 2.2 |
| S.O.: | Multiplataforma |
| Uso: | Contabilidade e Facturación |
| Licenza: | LPO |
| Web: | OpenXpertya |