O Pentaho BI Project é un conxunto de aplicacións de código aberto con capacidades de Business Intelligence; é dicir ferramentas de análise de datos para o soporte e axuda na toma de decisións empresariais.
Pentaho inclúe ferramentas para a xeración de informes empresariais, análise, cadro de mandos, minería de datos e fluxo de datos. A plataforma Pentaho inclúe outros proxectos libres como Kettle, Mondrian OLAP Server, JfreeReport e Weka.
As solucións de Pentaho están escritas en Java e teñen un contorno de implementación tamén baseado en Java. Iso fai que Pentaho sexa unha solución flexible para cubrir unha ampla gama de necesidades empresariais – tanto as xerais como as avanzadas e específicas de calquera negocio.
É distribuído baixo licenza Pentaho Public License.