Pidgin (Programa de mensaxería)


Pidgin é un cliente de mensaxería instantánea multiprotocolo, o que quere dicir que funciona cos protocolos de mensaxería máis comunmente usados, incluíndo: Yahoo! Messenger, MSN Messenger ou Google Talk.

É multiplataforma e funciona en sistemas Windows, GNU/Linux, Mac OS X, SkyOS e o sistema de Trolltech para PDA, Qtopia.

Unha das características máis salientables do Pidgin é que permite iniciar sesión simultaneamente con múltiples contas de mensaxería e así poder establecer comunicación con contactos da rede de MSN, de Yahoo ou mesmo con canais IRC ao tempo.

Pidgin é software libre, protexido pola GPL2.

Instrucións para a instalación e descarga da aplicación



Versión: 2.4.2
S.O.: Multiplataforma
Uso: Mensaxería
Licenza: GNU/GPL
Web: Pidgin