SugarCRM (CRM)

Sugar CRM é un aplicativo de xestión de relación con clientes (Customer Relationship Manager-CRM) que é usado polas empresas para xestionar a relación cos seus clientes incluíndo a análise e captación destes, almacenaxe e listaxe dos seus datos así como dos provedores e socios e a información interna.

Sugar CRM foi desenvolvido orixinalmente por CRM Software.

O aplicativo distribúese baixo SugarCRM Public License Version ("SPL"), unha modificación da Mozilla Public License Versión 1.1 modificada para Sugar CRM.



Instrucións para a instalación e descarga do aplicativo

Documentación

Descarga


IMPORTANTE!

Dada a complexidade do proceso de integración dos sistemas ERP e CRM é preferíbel que na súa implantación interveña persoal especializado. Deste xeito garántese unha maior produtividade e facilidade de uso. Pode poñerse directamente en contacto con SugarCRM para localizar un distribuidor autorizado galego. Tamén ten á súa disposición o directorio de empresas galegas de software libre permanentemente actualizado e dispoñíbel no web de Mancomun.org
Versión: 4.5
S.O.: Multiplataforma
Uso: CRM
Licenza: SPL
Web: SugarCRM