Mozilla Sunbird (Calendario/Axenda)
Mozilla Sunbird ou Sunbird é un aplicativo de
calendario multiplataforma. Un aplicativo de calendario
proporciona funcións de axenda, lista de tarefas e
calendario con alarmas.
O Sunbird dispón dunha interface de
deseño sinxelo, con varias posibilidades de
visualización, e toda unha serie de funcións que
permiten xestionar as actividades da vida cotiá tanto no
aspecto laboral como persoal: programación de tarefas,
citas, aniversarios e outros eventos importantes, ferramenta de
alarmas, etc. Tamén posibilita a creación de
calendarios colaborativos para grupos de traballo.
Está desenvolvido pola Fundación Mozilla,
entidade sen ánimo de lucro, e por unha gran comunidade
desenvolvedora. Distribúese baixo unha tripla licenza
MPL, GPL e
LGPL.
Instrucións para a instalación e descarga do aplicativo
Complementos