O Mozilla Thunderbird é un cliente de correo electrónico multiplataforma.
Entre as súas características podemos salientar que é compatíbel cos protocolos de acceso a mensaxes electrónicas IMAP e POP, ademais do formato HTML; inclúe unha axenda persoal de enderezos; ten un poderoso motor de busca rápida, filtros avanzados de mensaxes, xestión do correo lixo con autoaprendizaxe e posibilidade de integración con extensións de criptografía; permite ler RSS e outras opcións habituais nos programas de correo electrónico.
Está desenvolvido pola Fundación Mozilla, entidade sen ánimo de lucro, e por unha gran comunidade desenvolvedora. Distribúese baixo unha triple licenza MPL, GPL e LGPL.
| Documentación | |
| Descarga |
| Documentación | |
| Descarga |
| Documentación | |
| Descarga |