Typo 3 (Xestor de contidos)
Typo3 é un aplicativo libre de portal e xestión de contidos (CMS)
baixo a licenza libre GPL. Un sistema de xestión de contidos para web
permite crear de xeito sinxelo contidos para páxinas web. Consiste nunha
interface que controla unha ou varias bases de datos onde se aloxa o
contido do sitio. O sistema permite manexar de xeito independente
contido e deseño.
Este xestor destaca por ser extremadamente completo e dispoñer dun
número case ilimitado de módulos adaptábeis. Typo3 dispón tanto de
módulos de xestión na interface de administración - xestión básica
MySql, xestión de servidor LDAP -- ou orientados ao usuario (enquisas,
foros, calendario, boletín, procuras...).
Naceu no 2.000 como resultado do traballo de Kasper Skårhøj cunha
comunidade moi activa especialmente en Escandinavia, os países de fala
xermana, Francia e Norteamérica.
Distribúese baixo a GNU General Public License.
Instrucións para a instalación e descarga do aplicativo
Documentación
Descarga