Software Libre na Xestión da empresa


O proxecto SOLINAPE é o resultado dun traballo desenvolvido por un grupo de profesores e alumnos da Escola Superior de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo e financiado pola Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información a través de Mancomun.org. O seu principal obxectivo é pór a disposición das PEME unha recompilación de aplicacións de xestión baseadas en Software Libre, con información que permita tomar decisións sobre a viabilidade técnica, funcional e legal da súa utilización (casos de éxito, soporte, principais funcionalidades, tipo de licenza, implantación, ...).
Web: Proxecto SOLINAPE
Escola Superios de Enxeñería Informática

O proxecto SOLINAPE, procura ser un repositorio de Aplicacións de Software Libre para a xestión empresarial.

Realización dun estudo sobre as solucións de software de xestión empresarial que permita coñecer o estado de madurez do Software Libre para a súa implantación na PEME e posteriormente xerar documentación para as empresas de Galicia, así como un CD recopilatorio.

Software libre de xestión para a PEME: Análise das solucións existentes en ERP, CRM e fluxo de traballo, (carencias, requisitos, capacidade de personalización, licenza, soporte de estándares, idioma, casos de implantación por ámbitos, etc.).



DOCUMENTOS